Skip to main content
SANFROMIU25

Concurso para o cartaz do San Froilán Miúdo 2025

A concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua convoca  o concurso infantil de debuxo co que se escolle o cartaz do San Froilán Miúdo.

Premio de 300€ para a nena ou neno menor de 15 anos que resulte gañador/a.

Os deseños deben presentarse en formato impreso ou dixital, en tamaño A4 a través da sede electrónica ou do rexistro presencial do Concello, no prazo dun mes, e despois será un xurado quen escolla a imaxe do espazo infantil das festas deste ano.

Máis información:
Bases do concurso do San Froilán Miúdo 2025 (BOP Lugo)

Programa do San Froilán Miúdo 2025

 

Comments