Formación Profesional PACE
Presentámosvos a formación profesional PACE, orientada a artistas escénicos que queiran desenvolver un proxecto escénico e formarse profesionalmente da man de profesorado experto en cada itinerario.
👉Ofrecemos 3 itinerarios:
- Teatro: da man de Carlos Sante e Carmen Cotelo
- Danza Urbana: da man de Julia Laport e Eloi García
- Danza Contemporánea: da man de Ana Beatriz Pérez e Alba Fernández
👉Ademáis, ofrecemos espazo e titorías personalizadas para o teu proxecto, formación intensiva mensual impartida por referentes nacionais e internacionais, formar parte de vídeo danzas e curtametraxes profesionais e oportunidades para presentar o voso traballo en plataformas, festivais, etc.
Un proxecto impulsado dende Laboratorio Escénico Coop. PACE é un proxecto que sempre quixemos para o sector das artes escénicas. Un programa transversal, que da unha oportunidade real de formación de danza e teatro profesional en Galiza, orientado ó mercado laboral e ó acompañamento artístico de proxectos escénicos para o sector actual da danza e a interpretación teatral.
👉Máis información e inscrición no formulario da bio de @laboratorioescenicocoop
Se tés máis dúbidas escríbenos a formacion@laboratorioescenicocoop.com




Comments