Skip to main content
BECAS

Premio Europeo Carlos V Foro Europeo de la Discapacidad

Período de inscrición:
Desde o 06/08/2025 ata o 19/09/2025

Información:
A Fundación Yuste convoca dez bolsas de investigación sobre o impacto da Unión Europea na vida das persoas con discapacidade.

A Fundación Academia Europea e Iberoamericana de Yuste abriu o prazo para optar a dez Bolsas Europeas de Investigación e Mobilidade en Estudos Europeos ‘Premio Europeo Carlos V – Foro Europeo da Discapacidade’ cunha dotación individual de 2.500 euros.

A orientación da convocatoria versa sobre a temática «Unidos na diversidade: o impacto da Unión Europea na vida das persoas con discapacidade», tendo en conta aspectos como a contribución da Unión Europea á inclusión e á realización dos dereitos das persoas con discapacidade; o papel das institucións e organismos europeos no desenvolvemento de iniciativas e políticas dirixidas a promover, garantir e reforzar os dereitos das persoas con discapacidade, e o papel do movemento europeo da discapacidade na defensa e contribución a unha Unión máis inclusiva para as persoas con discapacidade, entre outros temas.

As persoas interesadas en optar a unha das bolsas deben estar matriculadas nun programa de doutoramento e atoparse na fase de preparación da tese sobre un tema relacionado co obxecto e orientación establecidos na convocatoria; non ter recibido unha destas bolsas con anterioridade, e acreditar o coñecemento do inglés ou castelán cun nivel igual ou superior ao B2 do MCERL (Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas).

O procedemento para a concesión das bolsas é de concorrencia competitiva. Para valorar as solicitudes atenderase ao resultado da baremación realizada por un xurado que terá en conta méritos obxectivos, así como a calidade e adecuación das propostas presentadas.

Enderezo:
Información: becas@fundacionyuste.org

INJUVE

Comments