Skip to main content
master

Convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario

A contía da axuda cubrirá o importe das materias matriculadas por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos.

Requisitos: 

a) Estar en situación de desemprego á data de presentación da solicitude.

b) Ter rematados os estudos universitarios que lle dean acceso aos estudos do máster universitario con data límite do 30 de setembro de 2024.

c) Estar matriculada no curso académico 2025/26, en primeira matrícula, nun máster universitario oficial de 60, 90 ou 120 créditos ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia. A matrícula será dun mínimo de 60 créditos, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.

d) Non estar incluídas nos casos de beneficios e exención total de matrícula que se prevexan no decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2025/26.

e) Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores, salvo no caso dun máster de 120 créditos, no que se pode solicitar para a primeira matrícula dos 60 créditos que restan para rematar o máster.

Prazo: 

Ata o 6 de outubro de 2025.

Máis información: 

BOP

Comments