FIOT - Carballo
25.09 – 31.10.2025
O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) é un festival que ofrece un programa comprometido coas artes escénicas e cos proxectos de máis prestixio do teatro actual. Está organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte e conta coa colaboración do Concello de Carballo.
Pola súa traxectoria, a calidade da programación, a variedade das propostas de intermediación cultural que ofrece e a súa proxección, o FIOT sitúase como un dos festivais máis importantes de Galicia e referente cultural durante o outono: un mes enteiro de programación, con máis dunha trintena de espectáculos e ducias de actividades paralelas, converten a Carballo na capital das artes escénicas do país.
Dende hai xa 34 anos, o FIOT amosa en Carballo o traballo de compañías de referencia e de creadores emerxentes. Pero, sobre todo, o festival procura atraer novos públicos ao teatro. Así, fiel á súa vocación, na súa 34ª edición, o FIOT convida aos espectadores a gozar, desde as súas butacas, e ser cómplices dos creadores cunha visión activa e crítica, comprometida e comprensiva, imaxinativa e divertida.




Comments