Skip to main content

Bases para a selección dun/dunha operario/a de servizos-fontaneiro/a, mediante concurso-oposición, do cadro de persoal laboral fixo do Concello de Ribeira de Piquín.

Requisitos: 

a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro.

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. 

d) Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin acharse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos.

e) Non estar incurso en causas de incompatibilidade ou de incapacidade.

f) Estar en posesión da titulación esixida ou estar en condicións de obtela antes do remate de presentación de instancias, do nivel de formación de Técnico auxiliar ou Técnico de mantemento, especialidade Fontanaría, certificado de profesionalidade de nivel 2 que corresponda á categoría do posto ofertado e garde relación coas funcións, ou formación equivalente. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán aportar a documentación que acredite a súa homologación pola Administración educativa competente na materia.

g) O coñecemento do idioma galego acreditarase mediante diploma, −Celga 2 ou equivalente −, certificado ou curso homologado polo órgano competente en materia de política lingüística, e, no seu defecto, mediante proba escrita que se lle realizará ao aspirante. Esta proba consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego na que o aspirante amose o seu coñecemento da lingua galega.

h) Estar en posesión do permiso de conducir tipo B

Prazo:

As solicitudes (Anexo II)  dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Ribeira de Piquín (Lugo), presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral deste Concello, presencialmente no Rexistro do Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da  convocatoria no Boletín Oficial do Estado.  

Máis información: 

BOP Px 10 

Comments