Skip to main content

Convocatoria para a selección dun albanel (C2) no Concello de Vilalba

O obxecto das bases é a cobertura, mediante contrato laboral de relevo, dun posto de albanel (C2) no Concello de Vilalba, en substitución dun traballador que accede á xubilación parcial.
O contrato manterase ata polo menos dous anos despois da idade ordinaria de xubilación da persoa substituída, conforme ao artigo 215.2 da TRLGSS e ao artigo 12 do Estatuto dos Traballadores.

Ademais, crearase unha lista de reserva co resto de aspirantes que superen o proceso selectivo, para cubrir futuras vacantes ou necesidades do servizo.

Requisitos 

As persoas interesadas deberán cumprir, na data de finalización do prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos:

  • Nacionalidade: española ou dalgún Estado con dereito de acceso ao emprego público segundo o artigo 52 da LEPG.

  • Idade: ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

  • Titulación: estar en posesión ou en condicións de obter o título de Graduado en ESO ou equivalente.

  • Permiso de conducir: carné tipo B.

  • Capacidade funcional: posuír as aptitudes físicas e psíquicas necesarias para o desempeño do posto.

  • Inhabilitación: non ter sido separado/a do servizo de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado/a.

  • Situación laboral: atoparse en situación de desemprego no momento do chamamento (non é necesario percibir prestación).

  • Cumprir coas normas de incompatibilidades da Lei 53/1984.

Prazo e forma de presentación de solicitudes

  • O prazo de presentación será de 20 días naturais, contados dende o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE).

  • As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por medios electrónicos, conforme ao Regulamento nº 68 do Concello de Vilalba (BOP nº 73, de 29/03/2023).

  • O modelo oficial de solicitude figura como Anexo I das bases.

  • As listas provisionais e resolucións do proceso publicaranse na Sede Electrónica do Concello de Vilalba e no taboleiro de anuncios municipal.

Máis información

As bases completas da convocatoria e o modelo oficial de solicitude están dispoñibles na Sede Electrónica do Concello de Vilalba:

 

Comments