Skip to main content
teatro

Encrobas (Teatro. Santiago de Compostela)

VENRES 17 DE OUTUBRO ÁS 19.30 H
Encrobas é unha peza de teatro documental e de creación colectiva que revive un episodio
clave da loita social en Galicia: a resistencia labrega no val das Encrobas durante os anos 70 fronte
á expropiación forzosa das súas terras por parte do Estado franquista e da empresa FENOSA.
A obra mestura testemuños reais, ficción especulativa e recursos audiovisuais para ofrecer
unha proposta escénica dinámica, emotiva e con forte carga política. A través do humor, a emoción
e a memoria colectiva, Encrobas conecta pasado e presente, facendo reflexionar sobre o impacto do
progreso, a loita polo territorio, a forza do colectivo e a vixencia destes conflitos na actualidade.

Comments