Exposición 'Ficcións especulativas'
O Colexio de Fonseca acollerá desde o 16 de outubro a exposición 'Ficcións especulativas', unha mostra colectiva que explora como os artistas contemporáneos utilizan a ciencia ficción, os soños e os oráculos como ferramentas para construír visións alternativas do mundo e do porvir.
A inauguración será ás 20.00 horas e estará presidida pola vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias.
A mostra pode verse ata o 28 de febreiro de 2026, en horario de luns a venres, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas, no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca.
A obra que está na Sancristía do Colexio de Fonseca pode visitarse en horario de luns a venres, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.
Máis información:
www.usc.gal




Comments