Skip to main content

TUSSA convoca prazas para o seu grupo operativo

A Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA) publicou unha convocatoria para a contratación de persoal do grupo operativo (nivel retributivo IV), destinada a cubrir postos nas categorías de axente de aparcamento, axente de depósito, axente de estación e controlador/a.

As persoas interesadas poden consultar e descargar as bases completas da convocatoria na páxina web de TUSSA , no apartado Convocatorias, ou recollelas presencialmente nas oficinas situadas na rúa Clara Campoamor, s/n (Estación Intermodal de Santiago de Compostela), de luns a venres laborables, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio.

Data da convocatoria:

13 de outubro de 2025
Lugar:

Santiago de Compostela

Máis información:

DOGA

Comments