Skip to main content
EXPLOGAUSC25

Exposición 'Lorca e Galicia: 90 aniversario da primeira edición de Seis poemas galegos'

A exposición 'Lorca e Galicia: 90 aniversario da primeira edición de Seis poemas galegos' comeza o 22 de outubro, ás 12.00 horas, no Claustro Alto do Colexio de Fonseca.

O Colexio de Fonseca conmemora a través desta mostra o 90 aniversario da publicación dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca, destacando os dous exemplares que conserva a Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela (BUSC).

A exposición pode visitarse do 22 de outubro ao 28 de novembro de 2025, en horario de luns a venres, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Máis información:
www.usc.gal

Comments