Skip to main content
EXMUCMUSC25

Exposición 'As primeiras profesoras da Universidad Complutense de Madrid'

O Claustro Alto do Colexio de Fonseca acolle a mostra 'As primeiras profesoras da Universidad Complutense de Madrid', que busca dar visibilidade ás primeiras profesoras que exerceron a docencia e a investigación nas distintas facultades da Universidade Complutense de Madrid (UCM).

A exposición, que forma parte do proxecto 'Académicas UCM' destinado a recuperar a memoria das primeiras mulleres desa universidade, recolle relevantes nomes femininos da intelectualidade española dos séculos XX e XXI, contribuíndo a resaltar a todas as que exerceron como docentes e investigadoras na chamada, naquel momento, Universidade Central.

A mostra pode verse ata o 28 de novembro de 2025, en horario de luns a venres de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas.

Máis información:
www.usc.gal

Comments