Skip to main content
EXPNIMULU25

Nicolás Muller en Galicia

A exposición Nicolás Muller en Galicia recolle unha selección de 50 fotografías das máis de 700 que o autor realizou durante as súas viaxes á Comunidade. Máis da metade das imaxes que se exhiben son inéditas, convertendo a esta exposición nunha oportunidade única para achegarnos á Galicia dos anos 60 a través da ollada dun dos fotógrafos máis recoñecidos do século XX.

Este proxecto expositivo, comisariado por José Ferrero, nace á raíz da mostra Nicolás Muller. Vento Norte, que se puido verse no Museo Centro Gaiás no 2023 e que visitaron máis de 14.000 persoas. Co fin de achegar a súa obra a outras localidades nace esta nova exposición que, tras pasar polo Museo do Mar de Galicia en Vigo, agora viaxa a Sede Afundación en Lugo.

Datas: 22 outubro 2025 - 21 febrero 2026

Horario: De luns a sábado, de 17:30h a 20:30 horas.

Lugar: Sede Afundación Lugo

Máis información:
https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/nicolas-muller-vento-norte

Comments