Convocatoria para a contratación dun socorrista na piscina municipal de Cervo
O Concello de Cervo publica unha convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal, mediante contrato de duración determinada, para o relevo dunha persoa traballadora con reserva do posto de traballo, dun (1) socorrista (subgrupo C2) para a piscina municipal de Cervo.
De conformidade co Decreto da Alcaldía número 2025-1005, de data 7 de outubro de 2025, faise pública esta convocatoria para o proceso de selección.
As bases e a convocatoria completa están á disposición das persoas interesadas no Rexistro Xeral do Concello de Cervo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal: http://cervo.sedelectronica.es.
O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.




Comments