Skip to main content

O Concello de Cervo abre unha convocatoria para crear unha bolsa de traballo de traballadores/as sociais

O Concello de Cervo publicou unha convocatoria para a constitución dunha bolsa de traballo de traballadores/as sociais (grupo A, subgrupo A2), como persoal laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición.

Esta iniciativa ten como obxectivo dispoñer dun listado de persoas candidatas para cubrir necesidades temporais no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cervo.

As bases da convocatoria e toda a información relacionada están dispoñibles no Rexistro Xeral do Concello de Cervo e tamén no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal: http://cervo.sedelectronica.es.

O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Comments