Skip to main content

O Concello de Cambre convoca unha bolsa para técnicos/as de Administración Xeral interinos

Esta convocatoria está dirixida a persoas con titulación universitaria en Dereito, Ciencias Económicas ou Empresariais, Administración e Dirección de Empresas, ou Ciencias Políticas e da Administración.

O proceso inclúe unha fase de oposición (cun exame tipo test e unha proba de galego) e unha fase de concurso, na que se valorará a experiencia laboral e a formación complementaria.

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude a través do Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Cambre no prazo de dez (10) días hábiles a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria. As bases completas e os modelos de solicitude están dispoñibles na web municipal: www.cambre.org.

A taxa de inscrición é de 50 euros, con redución do 50% para persoas demandantes de emprego inscritas durante, polo menos, seis meses.

Máis información: 

BOP

Comments