Skip to main content
EVESCIDIBICC25

Contando películas: a evolución do espectáculo cinematográfico en Galicia

O cinema forma parte da memoria colectiva e acompañou  os cambios sociais e culturais de Galicia ao longo do tempo. Con motivo do Día das Bibliotecas, a Biblioteca de Galicia presenta a mostra bibliográfica Contando películas: a evolución do espectáculo cinematográfico en Galicia, un percorrido pola historia do cinema na nosa comunidade desde os seus inicios ata a actualidade.

A mostra reúne fondos propios da Biblioteca de Galicia e pezas prestadas pola Filmoteca de Galicia, ofrecendo unha visión ampla e detallada da evolución do patrimonio cinematográfico galego.
Inclúe tamén reproducións electrónicas de novas da época, recuperadas grazas aos proxectos de dixitalización de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia, que permiten documentar fitos como a chegada do cinematógrafo ou o impacto das primeiras proxeccións.

Datas:Do 22 outubro 2025 - 31 maio 2026.

Lugar: Vestíbulo da Biblioteca de Galicia.

Máis información:
www.cidadedacultura.gal

Comments