A Deputación de Lugo convoca 14 prazas de administrativo/a e 6 de traballador/a social
A Deputación Provincial de Lugo vén de aprobar en Xunta de Goberno a convocatoria de 13 prazas de administrativo/a por quenda libre e 1 praza reservada para persoas con discapacidade, incluídas nas OEP de 2023, 2024 e 2025.
Así mesmo, anúnciase a convocatoria de 5 prazas de traballador/a social pola quenda xeral e 1 praza para a cota de diversidade funcional, tamén correspondentes ás OEP de 2023, 2024 e 2025.
Nos dous procesos o acceso é libre e o sistema selectivo será o de concurso-oposición.
A publicación no Boletín Oficial do Estado será a que marque o inicio do prazo de presentación de solicitudes.
Requírese o nivel Celga 4 no caso das prazas de traballo social.
A información detallada das bases específicas, requisitos, procedemento selectivo e temarios pode consultarse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (24/10/2025).




Comments