Skip to main content
material escolar

Axudas á escolaridade en Dodro para o curso 2025-2026

O Concello de Dodro vén de publicar a convocatoria de axudas económicas á escolaridade para o curso 2025/2026, dirixidas ao alumnado de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e ESO. O obxectivo é apoiar ás unidades familiares con menores recursos na adquisición de material escolar non subvencionado, así como en gastos de actividades extraescolares e vestuario deportivo.

A convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, réxese polas bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 202 do 22 de outubro de 2025.

O crédito dispoñible ascende a 4.000 euros, cun máximo de 100 euros por estudante.

As persoas solicitantes deberán cumprir os requisitos socioeconómicos establecidos nas bases e estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP da Coruña.

Para o pago da axuda, será necesario presentar a correspondente xustificación económica nun prazo máximo de 5 días naturais desde a publicación da resolución definitiva, segundo o disposto na base oitava das bases reguladoras.

Toda a información detallada, así como o texto completo da convocatoria, pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións.

Comments