O Concello de Sarria convoca unha praza fixa de Auxiliar Administrativo/a para a Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme
O Concello de Sarria anuncia a apertura do proceso selectivo para cubrir, como persoal laboral fixo e mediante acceso libre, unha praza de Auxiliar Administrativo/a na Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme (Organismo Autónomo municipal). A convocatoria desenvolverase polo sistema de concurso-oposición dentro da Oferta de Emprego Público 2025.
As persoas interesadas disporán dun prazo de 20 días naturais para presentar as súas solicitudes, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Entre as principais funcións do posto destacan a atención á cidadanía, tramitación e xestión administrativa, elaboración de documentación e apoio ao funcionamento interno do servizo. Así mesmo, establécese un exercicio obrigatorio sobre coñecemento da lingua galega, do cal estarán exentas as persoas aspirantes que acrediten o Celga 3 ou equivalente.
Toda a información relativa ás bases da convocatoria, requisitos, documentación a presentar e posteriores anuncios do proceso estará dispoñible na sede electrónica do Organismo Autónomo:
🔗 https://residenciamaioresnosasradocarme.sedelectronica.gal
Esta convocatoria representa unha oportunidade laboral estable e unha contribución ao servizo público e ao coidado das persoas maiores do municipio. O Concello anima a todas as persoas que cumpran os requisitos a participar no proceso selectivo.
BOP LUGO




Comments