Skip to main content

1 praza de Traballador/a Social. Concello de Taboada

O Concello de Taboada publica unha nova oportunidade laboral ao abeiro das subvencións da Xunta de Galicia para o cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais.

Con data do 23 de outubro de 2025, mediante Resolución da Alcaldía, aprobáronse as bases da convocatoria para cubrir mediante oposición 1 praza de Traballador/a Social, a xornada completa e por un período máximo de 6 meses como persoal temporal. A convocatoria inclúe tamén a creación dunha nova bolsa de reserva cunha vixencia de 6 meses.

📌 Detalles da convocatoria:

Modalidade da contratación: laboral temporal por aumento de circunstancia da produción, segundo o Real Decreto-lei 32/2021
Duración: máximo de 6 meses
Xornada: completa
Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles desde a publicación do anuncio no BOP de Lugo
Salario: 1.532,82 € brutos/mes, incluíndo rateo de pagas extraordinarias
Funcións: as recollidas nas Bases da convocatoria

📍 Acceso ás Bases:
• Páxina web: www.concellotaboada.es
• Oficinas xerais e taboleiro de anuncios do Concello de Taboada

BOP LUGO

Comments