Skip to main content

Convocatoria para unha praza de Traballador/a Social no Concello da Pobra do Brollón

Requisitos principais

As persoas aspirantes deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou estar nas condicións establecidas no artigo 57 do EBEP.

  • Ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa.

  • Posuír as capacidades físicas e psíquicas necesarias para o desempeño das funcións.

  • Estar en posesión do Título de Diplomatura ou Grao en Traballo Social.

  • Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado/a para o emprego público.

  • Non ter sido condenado/a por delitos contra a liberdade e indemnidade sexual.

  • Posuír o carné de conducir tipo B.

  • Acreditar o nivel de coñecemento de lingua galega CELGA 4 ou equivalente (ou realizar a correspondente proba de galego).

Prazo de presentación

O prazo para presentar solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP nº 249, do 29/10/2025).
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello da Pobra do Brollón, de forma presencial ou a través da sede electrónica municipal.

Máis información

As bases completas da convocatoria, o modelo de solicitude e as sucesivas publicacións relativas ao proceso selectivo estarán dispoñibles na sede electrónica do Concello e no taboleiro de anuncios municipal.
As consultas poderán realizarse tamén no correo electrónico: xestion@concellodapobradobrollon.gal

Comments