Francisco Asorey, unha recuperación necesaria
A exposición Francisco Asorey, unha recuperación necesaria afonda desde unha óptica contemporánea no complexo mundo creativo do seguramente máis destacado escultor de Galicia e un dos renovadores da arte escultórica española do século XX.
A elección de Francisco Asorey como artista ao que a Real Academia Galega de Belas Artes dedicou o Día das Artes 2024 propicia acometer este proxecto dentro da programación do Museo Centro Gaiás, dando continuidade a unha liña de traballo fundamental da Cidade da Cultura na reivindicación de personalidades imprescindibles na historia da arte contemporánea galega.
Datas: 28 Outubro- 5 Abril 2026.
Horario: De martes a domingo de 10 a 20 h.
Lugar:Museo Centro Gaiás, Andar 2,Cidade da Cultura.
Máis información:
https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/visitas-comentadas-francisco-asorey-unha-recuperacion-necesaria




Comments