Skip to main content

Convocatoria de praza de Auxiliar Administrativo/a en réxime de interinidade – Departamento de Urbanismo e Obras, A Estrada

O Concello da Estrada publica as Bases Xerais para cubrir, en réxime de interinidade, unha praza de Auxiliar Administrativo/a por procedemento de oposición libre.

Requisitos básicos:

  • Nacionalidade española ou comunidade europea (ou situación equivalente segundo tratados internacionais).

  • Capacidade funcional para desempeñar as tarefas.

  • Idade: mínimo 16 anos, máximo idade xubilación forzosa.

  • Non estar inhabilitado/a para emprego público.

  • Titulación: Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.

Presentación de solicitudes:

  • Prazo: 10 días naturais dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia.

  • Onde: Rexistro Xeral do Concello ou telematicamente na Sede Electrónica.

  • Documentación: DNI, título, xustificante de taxas (15 €), certificado CELGA 3 ou equivalente se procede, certificado de discapacidade se aplica.

Retribucións e funcións:

  • Funcións propias do posto de Auxiliar Administrativo/a, podendo asumir tarefas adicionais.

  • Retribución segundo grupo C2, complemento de destino e específico da RPT.

Máis información:

Comments