Libros que nos fan ser.
No Día da Lectura a Biblioteca de Galicia celebra o amor polos libros cunha conversa entre Lorena Bembibre, médica e lectora militante creadora da conta @loeenlasnubes; Emma Pedreira, escritora e bibliópata confesa; e Carlos Negro, escritor e crítico literario.
Con eles compartiremos a sintomatoloxía das persoas biblópatas: esa curiosidade inesgotable polas historias alleas, a desconexión do tempo real ao mergullarnos noutros mundos e o pracer de entregarse ás palabras.
Data: 3 Novembro 2025 ás 19:00h
Lugar: Aula I da Biblioteca de Galicia
Máis información:




Comments