Skip to main content

O Concello do Vicedo abre o prazo para cubrir unha praza de auxiliar administrativo interino

Requisitos

Para participar no proceso selectivo, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou dalgún Estado membro da Unión Europea.

  • Ter cumpridos 16 anos e non superar a idade máxima de xubilación.

  • Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, FP de grao básico, Graduado Escolar, FP1 ou equivalente.

  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto.

  • Non estar separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración Pública nin inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.

  • Non incorrer en causa de incompatibilidade, de acordo coa lexislación vixente.

  • Acreditar o coñecemento da lingua galega mediante o certificado CELGA 3 ou equivalente; de non posuílo, deberá superarse unha proba específica.

  • Estar en situación de desemprego ou mellora de emprego, acreditada polo Servizo Público de Emprego.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse mediante instancia dirixida ao alcalde do Concello do Vicedo, indicando a praza á que se opta.
Poderán presentarse das seguintes formas:

  • No Rexistro Xeral do Concello do Vicedo.

  • En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

  • Por correo postal, en sobre aberto para ser selado e datado polo persoal de Correos.

Se a solicitude se presenta nun lugar distinto ao rexistro municipal, deberá remitirse unha copia escaneada ao correo electrónico: concello@concellodovicedo.org

 Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP nº 253, do 4 de novembro de 2025).

Máis información

BOP Lugo px 22

Comments