Skip to main content
CASTUSC25

Exposición ‘Cousas de Familia’

No 75 aniversario do pasamento de Daniel Castelao, a Universidade de Santiago quere sumarse aos actos de conmemoración que se organizan por toda Galicia cunha mostra sobre Castelao e o dereito civil galego de familia que comisaría a profesora Belén Trigo García.

A exposición ‘Cousas de Familia. O dereito de familia galego no 75 aniversario do cabodano de Castelao e no 30 aniversario da Lei 4/1995, do 24 de maio, de Dereito Civil de Galicia’ estará na Biblioteca Universitaria Concepción Arenal ata o 19 de decembro de 2025.

Máis información:
www.usc.gal

Comments