Skip to main content
ASEICA25

IV Congreso Internacional da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA)

A Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), en colaboración coa Associação Portuguesa de Investigação em Cancro (ASPIC), desenvolve este ano o seu IV Congreso Internacional na Escola Superior Técnica de Enxeñería de Santiago de Compostela.

O encontro científico reunirá os días 20 e 21 de novembro aos mellores especialistas estatais e internacionais en investigación oncolóxica para presentar os últimos avances no coñecemento, diagnóstico e tratamento do cancro.

Baixo o lema ‘Novas terapias e desafíos, da básica á clínica’, o encontro científico será inaugurado polo investigador líder do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do IDIS (Oncomet), xefe do Servizo de Oncoloxía Médica do CHUS e presidente de ASEICA, Rafael López. Na apertura acompañarano Joana Paredes e Marisol Soengas, investigadoras e ex presidentas de Aseica; seguidas da intervención do prestixioso Dr. Jun Wang, profesor do Departamento de Patoloxía da Universidade de Nova York e do Centro Oncolóxico Laura, e Isaac Perlmutter, de Langone Health, quen impartirá unha conferencia maxistral sobre inmunoloxía e inmunoterapia oncolóxica.

O programa preliminar divídese en tres sesións que se desenvolverán ao longo de dous días: ‘Biespecíficos e células CAR-T’, ‘ADC e nanomedicina’ e ‘Vacinas’. Estas conferencias abordarán as oportunidades actuais en oncoloxía a través da investigación en inmunoterapia, o futuro e presente das terapias dirixidas ADC e CAR-T ou a mellora dos tratamentos a través de nanomedicamentos e nanovacinas, entre outros temas de interese que tratarán os distintos relatorios maxistrais.

Máis información:
https://www.aseica.es/iv-aspic-aseica-international-meeting

 

Comments