Skip to main content
SIEDUGALUVIGO25

'A educación tamén en galego'

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle o simposio" A educación tamén en galego", promovido pola Área de Normalización Lingüística da UVigo xunto coa facultade e centrado na posta en valor e visibilización da lingua galega como ferramenta para o estudo nos graos en Educación Infantil e Educación Primaria e no desenvolvemento das profesións relacionadas co ensino.

Baixo o título de "Dereitos e deberes: por unha reivindicación do galego no ensino", trátase dun simposio dirixido tanto a estudantado e profesorado do centro como á cidadanía en xeral.

A inscrición pode realizarse tanto a través da súa web, como do correo electrónico simposio.galego.educacion@gmail.com.

Data de celebración: 19 de novembro ás 9:30 horas.

Dirixido a:
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo.

Organiza:
Área de Normalización Lingüística e Facultade de Ciencias da Educacion e do Deporte.

Lugar:
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Campus a Xunqueira , s/n
36005 Pontevedra

Máis información:
https://www.uvigo.gal/taxonomy/term/9

 

Comments