Skip to main content
XORFORINFXUV25

Xornada "A familia como base do crecemento persoal e emocional"

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional organiza o sábado 29 de novembro a xornada de formación "A familia como base do crecemento persoal e emocional" dirixida ás familias en materia de benestar emocional na adolescencia.

A sesión terá lugar no Centro Integrado de FP Politécnico de Santiago e a inscrición pode facerse de balde no Portal Educativo ata esgotar as prazas.

A xornada, que será inaugurada ás 10,00 horas, contará coa participación de tres expertos na materia: ---Alexandre García Caballero, doutor en Psiquiatría e especialista no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), que abrirá a formación co relatorio "Axudando a crecer cando cambian os marcos " ás 10:30 horas.

Selva Orejón, consultora en ciberseguridade e identidade dixital e perito xudicial, directora executiva de OnBranding, que será responsable da charla "Como ensinar ás túas fillas e fillos a usar a tecnoloxía de forma segura e responsable" ás 11,30 horas.

O programa péchase con "Amor e límites para axudar ao teu adolescente" ás 12,30 horas a cargo de María Velasco Ghisleri, especialista en Psicoterapia Integradora e Psicoterapia do neno/a e do Adolescente.

Máis información:
https://centros.edu.xunta.gal/dxoie/gl/form/inscricion-formacion-de-familias

 

Comments