Xornadas de Profesionalización para Artistas
As Xornadas de Profesionalización para Artistas xa están aquí!✨
Os días 12, 13 e 14 de decembro, no @cgacsantiago , celebraremos este evento con poñentes de primeiro nivel para descubrir, compartir e enraizar fundamentos da profesionalización artística contemporánea. A través de mesas redondas, masterclass, encontros profesionais e unha gala final moi especial, atoparemos un entorno no que enriquecer as nosas prácticas artísticas e culturais e tecer redes profesionais, axudando a fortalecer o tecido artístico galego. Dentro de pouco abriremos inscricións, reserva as datas!
······
Esta actividade está subvencionada pola @depucoruna · Programa FO203/2025 de Subvencións a Entidades sen Fins de Lucro para a realización de Actividades Culturais. @culturadadeputaciondacoruna
.
Actividade en colaboración co CGAC - Centro Galego de Arte Contemporánea.




Comments