Skip to main content
nadal

Aberta a convocatoria do XIX Concurso de Decoración de Nadal de Santa Comba 2025

O Concello de Santa Comba vén de anunciar a apertura da convocatoria do XIX Concurso de Decoración de Nadal 2025, unha iniciativa coa que se pretende dinamizar o municipio durante as festas e recoñecer o labor creativo de veciñas, veciños, comercios e entidades.

Segundo o disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria, que pode consultarse ao completo na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) co identificador 870073.

As persoas interesadas poden consultar as bases completas do concurso na páxina web municipal a través da seguinte ligazón:

🔗 Bases da convocatoria:
https://www.santacomba.es/wp-content/uploads/2025/11/Bases-concurso-Decoracion-Nadal-25-26.pdf

Esta edición continúa coa aposta do Concello por fomentar a participación cidadá e crear un ambiente máis acolledor e festivo en todo o termo municipal durante o Nadal.

Comments