V Premio de Boas Prácticas en Servizos Sociais da Deputación da Coruña 2025
A Deputación Provincial da Coruña convoca o V Premio de Boas Prácticas en Servizos Sociais, dirixido a recoñecer proxectos e traxectorias de entidades sociais que traballan pola defensa dos dereitos da cidadanía e o benestar das persoas máis vulnerables na provincia.
Destinatarias e requisitos
Poden participar entidades sen ánimo de lucro que:
-
Estean rexistradas como entidades de iniciativa social no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia.
-
Estean ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
-
Non estean incursas en prohibicións conforme á Lei 38/2003 de subvencións.
-
Presenten proxectos orixinais, desenvoltos na provincia da Coruña, en galego e con linguaxe inclusiva.
-
Presenten unha única candidatura: á modalidade de proxectos (nunha das 5 categorías) ou á modalidade de traxectoria.
Exclusións: proxectos sanitarios, cooperación internacional, igualdade de xénero, deporte adaptado, cultura, voluntariado, lecer ou xa premiados noutras edicións.
Premios
Establécense 6 premios, dotados con 7.000 € cada un:
-
5 premios para proxectos (categorías: investigación, ámbito rural, persoas maiores/discapacidade/dependencia, familia e infancia, inclusión social).
-
1 premio á traxectoria dunha entidade.
Presentación de solicitudes
As candidaturas deben presentarse exclusivamente por vía telemática a través da plataforma:
SUBTEL: https://sede.dacoruna.gal/Subtel/
Debe achegarse:
-
Documentación xeral da entidade.
-
Declaracións responsables.
-
Memoria técnica segundo o modelo oficial (máx. 10 páxinas).
Non se admitirán solicitudes presentadas noutros rexistros ou con documentación incompleta.
Máis información
-
Plataforma SUBTEL para presentación e consultas:
https://sede.dacoruna.gal/Subtel/ -
A resolución será publicada no BOP da Coruña




Comments