Programa de auxiliares de conversación español no estranxeiro curso 2026-2027
Convócanse 921 prazas de auxiliares de conversación de lingua española para o curso escolar 2026-2027 en centros docentes de Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Canadá, Estados Unidos, Estonia, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Noruega, Nova Celandia, Portugal, Reino Unido, Suíza e Tailandia segundo a distribución e as cifras que figuran no anexo I desta Resolución en réxime de concurrencia competitiva. Tanto o número de prazas como a relación de países participantes poderán sufrir variacións ou cancelacións, en función da planificación que realicen as autoridades educativas dos países participantes para o curso escolar 2026-2027. A duración do programa é de outubro de 2026 a maio de 2027.
💠Requisitos:
👉 Ter nacionalidade española
👉 Estar nalgunha das situacións académicas seguintes:
👉 Ser estudante de último curso durante o curso 2025-26 dunha das titulacións que se relacionan no Anexo I PDF.
👉 Ter obtido unha das titulacións que se relacionan no Anexo I nos cursos académicos 2021-2022, 2022-23, 2023-24 ou 2024-25.
👉 Ter obtido unha das titulacións que se relacionan no Anexo I no curso académico 2020-2021 e ademais posuír ou estar cursando un Máster Oficial de Ensinanza do Español como Lingua Estranxeira, Máster no ámbito da didáctica de linguas estranxeiras ou Máster que habilita para o exercicio da función docente ou equivalente.
👉 Non ter ocupado praza de auxiliar de conversación no presente programa con anterioridade.
👉 Non ter presentado renuncia en convocatorias anteriores, dacordo cos prazos establecidos.
👉 Non padecer enfermidade que imposibilite o exercicio das súas funcións como auxiliar de conversación.
👉 Cumprir cos requisitos específicos de cada país que se poidan consultar no Anexo II PDF.
👉 Non estar en activo como funcionario de carreira docente.
📝 Convocatoria: https://lnkd.in/dKFCRpzy
👉 Máis información e inscrición: https://lnkd.in/dt6k4ikG




Comments