Skip to main content
monitor

Aberta a inscrición para o curso de Monitor/a de Tempo Libre (Edición 3) da Escola de Tempo Libre Yeah Academy en Vigo

A Escola de Tempo Libre Yeah Academy abre a inscrición para a 3ª edición do curso de Monitor/a de Tempo Libre, que se desenvolverá en Vigo entre o 6 de xullo e o 28 de agosto de 2026. A acción formativa estará dirixida por María Segura Sieiro.

As sesións impartiranse en horario de 09:00 a 14:00 horas, nas instalacións situadas na Carretera de O Vao 33, Baixo, 36330 Vigo.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 3 de xullo de 2026, cun prezo final de 350 €.

Requisitos de participación

  • Ser maior de 18 anos.

  • Posuír o título de Graduado en ESO ou equivalente.

Contacto e máis información

As persoas interesadas poden consultar todos os detalles e tramitar a súa inscrición a través de:
📌 Web: https://www.yeahactivities.es
📧 Email: academy@yeahactivities.es
📞 Teléfono: +34 698 16 53 90

Comments