Skip to main content
concurso artes gráficas

21ª edición do premio internacional Jesús Núñez de artes gráficas na Deputación da Coruña

Na liña de apoio á creación artística que leva a cabo a Deputación da Coruña e, en concreto, ao desenvolvemento da arte gráfica, así como, en recoñecemento ao labor realizado pola Fundación “Centro Internacional da Estampa Contemporánea” de Betanzos e á ampla traxectoria do artista Jesús Núñez, o seu fundador, a Deputación da Coruña convoca o Premio Internacional “Jesús Núñez” de arte gráfica do ano 2026.

Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame.

O prazo de solicitude iniciarase o día 10 de febreiro de 2025, e finalizará o día 10 de abril de 2025.

Para máis información consulta o seguinte enlace:https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/12/22/2025_0000008464.html

Comments