Skip to main content
monitor

Monitor/a de Actividades de Tempo Libre

A Coruña acollerá en 2026 un novo curso homologado de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre

A Escola Aventeira S. Coop. Galega vén de abrir a convocatoria para o Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre (MATL), unha formación oficial de 350 horas que outorga un título homologado e válido en todas as Comunidades Autónomas, ideal para mozas e mozos que desexen desenvolver a súa carreira no eido da animación sociocultural e o tempo libre.

O curso, que conta con prazas limitadas, comezará en febreiro e prolongarase ata abril de 2026, combinando formación en liña, clases presenciais e prácticas profesionais. A formación online ofrece 40 horas de horario flexible, mentres que a parte presencial suma 160 horas de docencia intensiva. Ademais, inclúe 150 horas de prácticas en contornas profesionais, que permiten ao alumnado aplicar os coñecementos adquiridos e tomar contacto directo co sector.

📅 Datas da formación presencial

  • 7 e 8, 14 e 15, 21 e 22 de febreiro

  • 7 e 8, 14 e 15 de marzo

  • 11 e 12, 18 e 19, 25 e 26 de abril

    _A3 Cartel MATL A Coruña 2026 (…

Horario presencial
De 9:00 a 14:00 h e de 15:30 a 20:30 h

📍 Lugar
Local de Aventeira S. Coop. Galega en A Coruña, situado no Centro Comercial O Ventorrillo (Planta 1, Local 3), no barrio do Ventorrillo.

💶 Prezo e facilidades de pagamento
O custo total da formación é de 330 €, con opción de pago fraccionado, facilitando así o acceso á formación. As prazas son limitadas, polo que a escola anima a formalizar a inscrición canto antes.

📞 Información e inscricións

A convocatoria supón unha nova oportunidade para a mocidade coruñesa e galega de acadar unha acreditación oficial nun sector con alta demanda, especialmente en campamentos, actividades extraescolares, programas xuvenís e proxectos de dinamización comunitaria.

Comments