Skip to main content
cinema

CONVERSA CON JAIONE CAMBORDA E MÓNICA BELLO NO CGAC

O vindeiro venres 9 de xaneiro (19h), no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), Jaione Camborda e Mónica Bello conversarán arredor de 'Ensaio fílmico sobre a xordocegueira', a instalación da cineasta para a exposición 'Percepción e incerteza'.

O encontro abordará o proceso de creación deste proxecto desenvolvido no marco das residencias artísticas do CERN en Xenebra, así como a súa dimensión sensorial e conceptual. A instalación propón unha experiencia inmersiva que somerxe o público nunha cápsula de limitacións perceptivas, favorecendo unha comprensión empática da experiencia dunha persoa xordocega.

🎬 Jaione Camborda, directora, guionista e produtora, é autora entre outros filmes de 'Arima' (2019) e 'O corno '(2023), galardoado coa Concha de Oro no Festival de San Sebastián.

🧪 Mónica Bello, comisaria, foi directora ata 2025 do programa Arts at CERN, programa de residencias artísticas no Centro Europeo para a Investigación Nuclear de Xenebra (Suíza).

Comments