Publicación da convocatoria do programa Fórmate na Empresa (anteriormente programa Xuventude Mentoring na Empresa)
O programa Xuventude Mentoring na Empresa cambia de nome e, a partir desta convocatoria, denóminase Fórmate na Empresa, un programa que busca favorecer a formación práctica e o contacto co tecido empresarial por parte da mocidade.
A Xunta de Galicia convoca este programa coa finalidade de conceder subvencións para a posta en marcha de programas de estadías formativas para persoas mozas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia (programa Fórmate na Empresa 2026).
Consulta toda a información sobre este programa aquí




Comments