Skip to main content

Guntín abre unha convocatoria de emprego para unha praza de Auxiliar Administrativo/a

O Concello de Guntín vén de aprobar a convocatoria para a contratación dunha persoa Auxiliar Administrativo/a, ao abeiro do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2025.

Datos principais da convocatoria:

  • Prazas ofertadas: 1

  • Posto: Auxiliar Administrativo/a

  • Tipo de contrato: Laboral temporal, por circunstancias da produción (Real Decreto-lei 32/2021)

  • Duración: 6 meses

  • Xornada: Completa

  • Retribución: 1.381,33 € brutos mensuais, incluído o rateo das pagas extraordinarias

Funcións do posto:

  • As propias do posto de Auxiliar Administrativo/a, segundo o establecido nas bases reguladoras da convocatoria.

Prazo e presentación de solicitudes:

  • Prazo: 5 días hábiles contados a partir da publicación do anuncio no BOP de Lugo

  • Presentación:

    • Rexistro do Concello de Guntín

    • Solicitudes por correo (con aviso previo por fax ao 982 32 00 88)

Información e bases da convocatoria:

  • Páxina web municipal: www.guntin.es

  • Oficinas xerais do Concello de Guntín

  • Taboleiro de anuncios municipal

A convocatoria foi aprobada por Resolución da Alcaldía con data 13 de xaneiro de 2026.

Comments