Skip to main content

Monforte de Lemos convoca catro prazas de Auxiliar da Policía Local para 2026

O Concello de Monforte de Lemos vén de aprobar a convocatoria para a selección de catro Auxiliares da Policía Local de cara ao ano 2026, segundo recollen as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía do 30 de decembro de 2025.

Datos principais da convocatoria:

  • Prazas ofertadas: 4

  • Posto: Auxiliar de Policía Local

  • Ano de referencia: 2026

  • Sistema de selección: Segundo o establecido nas bases da convocatoria

Presentación de solicitudes:

  • Prazo: 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP de Lugo

  • Modelo de solicitude: Dispoñible na web municipal

  • Onde presentar:

    • Rexistro do Concello de Monforte de Lemos (de 9:00 a 14:00 h)

    • Calquera dos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015

No caso de presentar a solicitude fóra do Rexistro municipal, as persoas aspirantes deberán comunicalo o mesmo día ao correo electrónico:
📧 rrhh@concellodemonforte.com

 

Consulta das bases:

A convocatoria foi asinada en Monforte de Lemos o 8 de xaneiro de 2026.

Comments