Skip to main content
entroido

Chantada convoca o Concurso do Desfile de Comparsas do Entroido 2026

O Concello de Chantada vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia de Lugo as bases reguladoras do Concurso do Desfile de Comparsas do Entroido 2026, unha iniciativa destinada a promover e conservar as tradicións do Entroido.

Actividade

  • Desfile de comparsas do Entroido 2026.

  • Data: sábado 14 de febreiro de 2026.

  • Hora de saída: 18:00 h.

  • Percorrido: Avenida de Lugo (Domus VI) – Praza de Galicia.

Categorías

  • Comparsas de adultos: grupos de 15 ou máis persoas.

  • Comparsas infantís: grupos de 15 ou máis persoas, formados integramente por menores de 14 anos ou cun mínimo do 70 % nesta franxa de idade.

  • Categorías locais (adultos e infantís): con maioría de persoas empadroadas no Concello.

Premios

  • Comparsas adultos:

    • 1º premio: 700 €

    • 2º premio: 500 €

    • 3º premio: 300 €

  • Comparsas infantís:

    • 1º premio: 700 €

    • 2º premio: 500 €

    • 3º premio: 300 €

  • Comparsas adultos locais:

    • 1º premio: 500 €

    • 2º premio: 300 €

    • 3º premio: 200 €

  • Comparsas infantís locais:

    • 1º premio: 500 €

    • 2º premio: 300 €

    • 3º premio: 200 €

Axudas á participación

  • 100 € por comparsa participante de 15 ou máis persoas.

  • Máximo de 10 comparsas beneficiarias (prioridade por orde de inscrición).

Dotación económica

  • Premios: 5.000 €

  • Axudas: 1.000 €

  • Total: 6.000 €

Inscrición

  • Procedemento: concorrencia competitiva.

  • Prazo: ata o 26 de febreiro de 2026.

  • Lugar: Rexistro do Concello de Chantada.

  • Documentación:

    • Solicitude asinada.

    • Fotocopia do DNI e, se procede, CIF.

Outros aspectos de interese

  • Reunión obrigatoria: xoves 12 de febreiro, ás 20:00 h, na Casa da Cultura.

  • Cada comparsa deberá achegar o audio da actuación final (máximo 3 minutos).

  • O xurado fará pública a súa decisión ao remate do desfile, sendo esta inapelable.

Información

  • Casa da Cultura de Chantada

  • Teléfono: 982 44 17 52

Comments