Skip to main content
fraguas

Premio Antón Fraguas de artesanía, Deputación da Coruña

En consideración á importancia que para o desenvolvemento social e cultural ten a atención a aquelas manifestacións artísticas que, como a artesanía, son sinais de identidade dun pobo e ao tempo mostra da vixencia e pulo das tradicións, da súa capacidade innovadora e creativa e do diálogo coa idiosincrasia popular no campo social, cultural e económico, a Deputación da Coruña convoca o Premio "Antonio Fraguas Fraguas" de artesanía.

Poderán participar colectivos de persoas artesáns e persoas artesáns maiores de idade nacidas ou residentes en Galicia no ano 2026, que traballen no campo da artesanía galega tradicional ou contemporánea, tanto a título particular como en agrupacións de varios autores, colectivos, asociacións, etcétera, que non fosen premiados neste certame nos catro anos anteriores a éste e que presenten unha obra non premiada en ningún outro premio ou certame.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ás 08:00 horas do día 10 de febreiro de 2026 e rematará ás 14:00 horas do día 10 de abril de 2026, logo da publicación do extracto da convocatoria deste premio no BOP da Coruña, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións.

Para máis información consultar o seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/27/2026_0000000353.html

Comments