Skip to main content
narf

Premio Narf para grupos e artistas musicais 2026, Deputación da Coruña

Coa intención de difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como para lembrar e difundir socialmente a figura e a obra do músico, compositor para espectáculos musicais e teatrais e dinamizador cultural, que foi o cantante Fran Pérez “Narf”, a Deputación provincial da Coruña convoca o premio Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais do ano 2026.

Poderá participar calquera grupo ou artista musical galego ou residente en concellos galegos, do ámbito da música pop e variantes (folk, rock, rap, reggae...), que non fose finalista nin obtivese o premio nos cinco anos anteriores á presente convocatoria, e que presenten obras non premiadas con anterioridade en ningún outro premio ou certame.

O prazo de solicitude iniciarase o día 10 de febreiro de 2026, e finalizará o día 10 de abril de 2026.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/27/2026_0000000355.html

Comments