Skip to main content
poesia

Premio Miguel González Garcés de poesía, Deputación da Coruña

Dando continuidade ao que xa é unha tradición na convocatoria poética en lingua galega e recollendo tamén o exemplo deste significativo escritor coruñés, a Deputación da Coruña convoca con carácter bienal o Premio “Miguel González Garcés” de poesía do ano 2026.

Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nas dúas convocatorias anteriores a esta, e que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade en ningún outro premio ou certame.

O prazo de solicitude iniciarase o día 10 de febreiro de 2026, e finalizará o día 10 de abril de 2026.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/27/2026_0000000357.html

Comments