Skip to main content
narrativa

Premios Torrente Ballester de Narrativa

Para a modalidade en castelán:

Co ánimo de contribuír a acrecentar a calidade fabuladora e a creatividade que caracteriza as nosas escritoras e escritores, e coa vontade de homenaxear ao ferrolán Gonzalo Torrente Ballester, a Deputación Provincial da Coruña, convoca o Premio "Torrente Ballester" de narrativa en lingua castelá do ano 2026.

Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade en ningún outro premio ou certame.

O prazo de solicitude iniciarase o día 10 de febreiro de 2026, e finalizará o día 10 de abril de 2026.

Para máis información consulta o seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/27/2026_0000000359.html

Para a modalidade en galego:

Co ánimo de contribuír a acrecentar a calidade fabuladora e a creatividade que caracteriza as nosas escritoras e escritores, e coa vontade de homenaxear ao ferrolán Gonzalo Torrente Ballester, a Deputación Provincial da Coruña, convoca o Premio "Torrente Ballester" de narrativa en lingua galega do ano 2026.

Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade en ningún outro premio ou certame.

O prazo de solicitude iniciarase o día 10 de febreiro de 2026, e finalizará o día 10 de abril de 2026.

Para máis información consulta o seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/27/2026_0000000360.html

Comments