Convocatoria Concello de Castro de Rei (Peóns de servizos múltiples)
O Concello de Castro de Rei convoca o proceso selectivo para a contratación de 5 peóns de servizos múltiples a xornada completa durante 6 meses, destinados a tarefas de reforzo de servizos básicos municipais.
Requisitos
-
Ter a nacionalidade española ou dun estado membro da UE (ou cónxuxes/descendentes segundo normativa).
-
Ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade de xubilación.
-
Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
-
Non ter sido separado mediante expediente disciplinario da Administración Pública nin estar inhabilitado.
-
Non se esixe titulación académica específica.
-
Estar en posesión do permiso de conducir tipo B vixente.
-
Estar en situación de desemprego ou mellora de emprego (inscritos no Servizo Galego de Colocación).
Prazos
-
O prazo de presentación é de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Solicitudes
-
As instancias dirixiranse ao Alcalde e presentaranse no rexistro xeral do Concello (de 9:00 a 14:00 horas) ou a través da sede electrónica e demais sistemas recoñecidos na Lei 39/2015.
Máis información
-
Bases completas e anuncios: Sede Electrónica Castro de Rei
-
Contacto para envíos por outros rexistros: oficinasxerais@castroderei.gal
-
Publicación: BOP de Lugo Px 13




Comments