Convocatoria para o cargo de xuíz/a de paz titular en Antas de Ulla
O Concello de Antas de Ulla anuncia a apertura do proceso de selección para cubrir a praza de xuíz/a de paz titular, conforme ao establecido na Lei orgánica do poder xudicial.
Requisitos:
-
Ser maior de idade e ter a nacionalidade española.
-
Achegar fotocopia autenticada do DNI e certificado de penais.
-
Presentar unha declaración de cumprimento das condicións legais e unha declaración complementaria segundo a Lei 68/1980.
-
Facilitar datos persoais, profesión actual e méritos (especificando se xa se exerceu como xuíz/a de paz anteriormente).
Prazos:
-
O prazo de presentación é de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia (publicado o 29/01/2026).
Solicitudes:
-
As instancias deben dirixirse á Alcaldía e presentarse no rexistro de entrada do Concello ou a través dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
Máis información:
-
Sede electrónica: concellodeantasdeulla.org
-
Contacto: Concello de Antas de Ulla.




Comments