Bolsa de Emprego de oficial de obras no Concello de Boiro
As presentes bases teñen por obxecto regular o procedemento de selección para a creación dunha bolsa de traballo que sirva para a cobertura, mediante a contratación laboral temporal, de reforzos puntuais e das ausencias que se produzan nos postos de oficial obras na cuadrilla de obras e servizos municipais (grupo C2).
Todas as persoas que non teñan unha praza fixa en propiedade poden participar.
As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de cinco hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da mencionada resolución na páxina web do concello www.boiro.gal, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión. Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude de participación no proceso, non consten nin como admitidas nin como excluídas na relación publicada.
Para máis información consulta a seguinte liigazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/29/2026_0000000443.html




Comments