Skip to main content

Castrelo do Val abre o proceso selectivo para contratar un/unha peón/peoa de servizos xerais municipais

O Concello de Castrelo do Val vén de publicar a convocatoria para a selección e contratación temporal dun/unha peón/peoa de servizos xerais municipais, ao abeiro do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos municipais da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2026.

A convocatoria foi aprobada mediante Resolución da Alcaldía do 29 de xaneiro de 2026, establecendo as bases que rexerán o proceso de concurso-oposición.

Datos principais da convocatoria

  • Posto: peón/peoa de servizos xerais municipais

  • Número de prazas: 1

  • Tipo de contratación: temporal

  • Sistema de selección: concurso-oposición

  • Marco: Plan Provincial de Cooperación da Deputación de Ourense (2026)

Presentación de solicitudes

  • Prazo: cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP)

  • Lugar: Rexistro do Concello de Castrelo do Val

As solicitudes deberán cumprir os requisitos recollidos nas bases, que están dispoñibles para a súa consulta no Concello e publicadas integramente na páxina web municipal www.castrelodoval.gal.

Comments